Actualidad

[editar plantilla]

Eleccións de líderes para una Europa Social [editar]

Decálogo de propostas ás eleccións Europeas do 25M

21 de Abril de 2014
FSG Galicia

COMPARTIR
Eleccións de líderes para una Europa SocialA finais deste ano 2014, as partidas dos Fondos Europeos que recibirá Galicia ata o 2020 deberán pecharse e decidir a que fins van destinados os cartos. Neste contexto, as 125 entidades e organizacións sen ánimo de lucro representadas en EAPN-Galicia amosan a súa preocupación polo cumprimento da normativa europea no reparto dos fondos procedentes de Bruxelas.

Dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza lembran que a Unión Europea desenvolveu unha normativa na que especifica que unha parte dos cartos que reciben os Estados membro deben destinarse obrigatoriamente á loita contra a pobreza e a exclusión social. Dos 2.101 millóns de euros que recibirá Galicia directamente entre o 2014 e o 2020, unha porcentaxe importante (que se concretará na rolda de prensa) debería investirse en actuacións deste tipo.
A piques de comezar a campaña electoral ao Parlamento Europeo, as organizacións galegas do Terceiro Sector de acción social integradas en EAPN-Galicia aproveitamos para reclamar o cumprimento desta normativa e animamos á cidadanía a votar para defender un modelo social europeo que loite pola igualdade e os dereitos das persoas.
Neste acto, no que falará o presidente de EAPN Galicia, David Silva, acompañado polo resto da Xunta Directiva e representantes de organizacións sociais; presentaránse unha serie de propostas para o reparto dos fondos europeos ( Fondo Social Europeo, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural) que lles faremos chegar aos candidatos de cada un dos partidos nas xuntanzas que manteremos nas vindeiras semanas con eles.

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS