Actualidad

[editar plantilla]

Martina Aneiros visita a nosa oficiña de Ferrol [editar]

Mañá celébrase o Día do Pobo Xitano co obxectivo de visibilizar a diversidade cultural e rachar cos estereotipos que sofre esta comunidade

07 de Abril de 2022
Fsg Galicia

COMPARTIR
Martina Aneiros visita a nosa oficiña de FerrolMartina Aneiros enxalza o labor da Fundación Secretariado Gitano en Ferrol en prol da consecución da igualdade de oportunidades deste colectivo

Recibimos a visita da delegada da Xunta na nosa oficina.


A delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe a sede da Fundación Secretariado Gitano en Ferrol acompañada da súa coordinadora, Silvia Gil Couto, para coñecer algunhas das actividades e programas que teñen en marcha en prol da integración e igualdade social.

Aneiros recoñeceu o labor desta organización que iniciou en Ferrol a súa andadura en 2017 pero que leva 40 anos de actividade en España e 21 en Galicia, na construción dunha sociedade mellor na que “non existan discriminacións de ningún tipo e na que todas as persoas poidan gozar das mesmas oportunidades”.

Tamén puxo en valor a importante tarefa de concienciación social que realiza esta entidade, xa que insta ao resto da poboación “a reflexionar, a coñecer antes de xulgar e a tender a man antes de segregar”.

Participaron na visita unha parte do equipo e o alumnado Promociona +

A vista enmárcase dentro dos actos do día 8 de abril, día internacional dos xitanos.

Este ano, na conmemoración do Día do Pobo Xitano, non podemos esquecer a grave situación que están a vivir as familias xitanas en Ucraína e, en especial, mulleres, nenos e nenas pola devastadora guerra que están a sufrir.

Este ano, no que na Fundación Secretariado Xitano cumprimos o noso 40 aniversario, continuaremos realizando o noso traballo para contribuír á redución das desvantaxes sociais e a discriminación que aínda gran parte das persoas xitanas sofren no noso país.

O contexto actual, coa recente aprobación da nova Estratexia Nacional para a Igualdade, a Inclusión e a Participación da Poboación Xitana, a posta en marcha no Congreso da Subcomisión para un Pacto de Estado contra o Antigitanismo e a Inclusión do Pobo Xitano, así como a presenza de tres deputados e deputadas xitanos, xera unha oportunidade inmellorable para que a sociedade española sexa máis inclusiva e respectuosa cos Dereitos Humanos de todas as persoas..

Realizouse unha lectura de manifesto (por parte do alumnado).

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS