Actualidad

[editar plantilla]

Participación na Biblioteca Humana en Vigo [editar]

Almudena e a súa experiencia como "Libro Humano"

14 de Abril de 2016
FSG Galicia

COMPARTIR
Participación na Biblioteca Humana en VigoO xoves tivo lugar na Biblioteca central da Universidade de Vigo a experiencia da Biblioteca Humana.

A BIBLIOTECA HUMANA é un espazo de diálogo a través do cal créase cohesión social e fomento do respecto pola diversidade. É tamén unha metodoloxía que trata de romper cos estereotipos, estigmas sociais, prexuízos e discriminacións ademais de amosar outras realidades sociais presentes na nosa contorna.

Na práctica trátase de dar a oportunidade ao público de manter conversas con persoas coas que normalmente non terían contacto, de maneira que lles conten a súa historia persoal ou profesional e lles axuden a romper barreiras que puideran existir entre eles, lles amosen outras realidades e lles enriquezan con elas.
Isto se fai simulando unha biblioteca, onde os libros son persoas e o público entra e reserva o “libro humano” que quere ler e se lles asigna unha quenda duns 20 minutos para que se leve a cabo a lectura, en forma de conversa.

Algúns dos títulos que se atoparon foron: persoa musulmán, activista lgtb, persoa vegana, montañeiro, emprendedor, voluntaria de axuda ao refuxiado, sacerdote, persoa ex drogodependente, voluntaria europea, persoa experta en rr.hh., cooperante, persoa que estivo en prisión, bloggera.

Almudena quedó encantada da súa participación, e a xente que falou con ela tamén.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS