Actualidad

[editar plantilla]

15 Anos do Programa Acceder en Galicia[editar]

COMPARTIR
  • Fechas: 2 Junio 2016
  • Lugar de celebración: Hostal dos Reis Catolicos, Santiago de Compostela. Rúa de San Francisco, 1, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Organizador: Fundación Secretariado Gitano.
  • Destinatarios: Administracións, empresas, entidades sociais, socios e participantes dos nosos programas. 
  • Mas información:






   O dous de Xuño celebramos os 15 anos do Programa Acceder en Galicia. Parece que foi onte cando botaba a andar o 'Acceder'. 15 anos abrindo portas ó mercado laboral para miles de persoas xitanas. 

   Nestes 15 anos mais de 750 persoas accederon a un emprego dende o seu inicio (cun total de 3.662 contratos de traballo asinados) e sempre cun claro equilibrio entre homes e mulleres xa que estas veñen supoñendo o 53% dos participantes.

   Nestes anos impartíronse mais de 295 cursos de formación, traballouse con 1.178 empresas, e participaron no programa un total de 2.669 persoas (1.083 son menores de 30 anos).

   Nestes 15 anos de vida, o programa Acceder converteuse nun programa con capacidade transformadora, que conseguiu resultados tanxibles aproveitando os impactos producidos simultaneamente en medio centenar de localidades e que beneficiaron, por tanto, a persoas xitanas de toda España.

   É por iso que queremos recoñecelo publicamente e celebralo contigo, contigo e xunto ás persoas xitanas coas que traballamos, as administracións e as demais empresas e entidades colaboradoras que fan posible que sigamos transformando a vida de miles de persoas a través da formación e o emprego.