Santiago de Compostela (A Coruña) [editar]
A Fundación Secretariado Xitano comezou a súa andaina en Santiago de Compostela no ano 2004, no barrio de Fontiñas, coa posta en marcha do programa Kamelamos Guinar, centrado na promoción e participación da mocidade xitana. Despois duns anos intensos mudamos a nosa sede a rúa Ulla, e alí desenvolvemos unha actividade educativa, sociolaboral, comunitaria e de apoio ás familias, consolidando un importante traballo en favor da inclusión social e da igualdade de oportunidades. Tras esta etapa moi positiva, a Fundación Secretariado Xitano regresa de novo ao barrio de Fontiñas, onde iniciou a súa traxectoria na cidade, reforzando así o seu vínculo cun territorio clave na súa historia. Desde a nosa nova sede en Fontiñas continuaremos traballando, desde un enfoque intercultural, pola promoción social, o recoñecemento e a defensa dos dereitos das persoas xitanas, mantendo o noso compromiso cunha cidade máis xusta, diversa e integradora.
Trabajamos, desde un enfoque intercultural, por el progreso del pueblo gitano mediante la promoción social, su reconocimiento y la defensa de los derechos de las personas gitanas
Noticias destacadas