Xornada informativa sobre saúde mental impartida por profesionais do SERGAS [editar]
Sesión informativa impartida por profesionais da Unidade de Saúde Mental para dar a coñecer aspectos básicos da saúde mental, promover o benestar emocional e facilitar información sobre os recursos de apoio dispoñibles na comunidade.
Obxectivos
- Sensibilizar sobre a importancia da saúde mental e do benestar emocional.
- Facilitar información básica sobre saúde mental e autocuidado.
- Dar a coñecer os recursos e servizos de apoio dispoñibles.
- Favorecer a detección temperá de situacións de malestar emocional.
- Resolver dúbidas e promover a procura de axuda cando sexa necesario.
- Reducir o estigma asociado aos problemas de saúde mental.
Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027. Axudas cofinanciadas en un 60% pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europea máis social e inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02:Mediación na promoción da saúde na comunidade xitana.