Vida saludable autocoidado e á saúde dermatolóxica

Vida saludable autocoidado e á saúde dermatolóxica [editar]

8 de Julio de 2026

FSG A Coruña

Seguimos promovendo hábitos de vida saudables a través do noso grupo de saúde, no que dedicamos varias sesións ao autocoidado e á saúde dermatolóxica, da man da profesional Eli Rocha, a quen queremos agradecer o seu compromiso, profesionalidade e proximidade.

Durante estas sesións aprendemos que a pel é o órgano máis grande do noso corpo e que o seu coidado é fundamental para previr problemas de saúde. Traballamos aspectos como:

  • Identificación dos diferentes tipos de pel.
  • Prevención e coidados fronte á sequidade, as vermelleces e outras alteracións cutáneas.
  • Coñecemento das principais enfermidades cutáneas e das medidas para previlas.
  • A importancia da protección solar durante todo o ano.
  • Prevención de infeccións e bacterias na pel.
  • Alimentación e hábitos saudables que favorecen unha pel sa.
  • Técnicas de masaxe para estimular a drenaxe linfática e mellorar a circulación.
  • Rutinas de autocoidado como ferramenta para mellorar o benestar e a saúde.

Seguimos apostando por espazos onde aprender, compartir experiencias e adquirir ferramentas que nos permitan coidar da nosa saúde dun xeito práctico, próximo e participativo.

Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027. Axudas cofinanciadas en un 60% pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europea máis social e inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02:Mediación na promoción da saúde na comunidade xitana.

Documentos de interés

Galería

Compartir: