Taller sobre o uso da app do SERGAS en FSG Vigo [editar]
Realizouse un taller para aprender a usar a app do SERGAS. As persoas participantes aprenderon a descargar, rexistrarse e utilizar as funcións básicas da aplicación, como pedir citas ou consultar resultados médicos
O mércores pasado tivemos un taller dirixido a persoas que querían aprender a utilizar a aplicación do SERGAS, o sistema de saúde pública de Galicia.
Foi unha xornada moi especial, na que compartimos coñecementos, experiencias e sobre todo moitas ganas de aprender.
Durante o taller, vimos paso a paso como descargar a app, rexistrarse correctamente, pedir citas médicas, consultar resultados clínicos, renovar receitas electrónicas e acceder ao historial de saúde. Moitas das participantes non sabían o útil que podía ser a app . Pero con paciencia e práctica, lograron manexala con soltura.
Este tipo de formación non só mellora a autonomía dixital, senón que tamén proporciona ferramentas ás persoas no coidado da súa saúde. A tecnoloxía pode ser unha gran aliada, e é fundamental que ninguén quede atrás.
Grazas a todas as persoas que participaron con entusiasmo.
¡Seguimos traballando para achegar a saúde dixital a toda a comunidade!
La Red de Promoción de la Salud en la población gitana gallega, es un Programa de interés general con fines de carácter sociosanitario y cofinanciado por la Unión Europea en el marco del Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de salud pública, en el campo de la promoción de la salud de la población gitana, por entidades privadas sin ánimo de lucro que desarrollan su labor en la Comunidad Autónoma de Galicia para los años 2024 a 2027