Sesión informativa de FSG Video sobre VIH-Sida e outras ITS

Sesión informativa de FSG Video sobre VIH-Sida e outras ITS [editar]

A información é poder!

29 de Mayo de 2025

FSG Vigo

Mulleres do Programa Calí participan dunha xornada informativa impartida por profesionais de Médicos do Mundo de Vigo, sobre VIH-Sida e outras ITS no marco da subvención do programa Isto Sastimos do Plan Nacional Sobre Sida.

As mulleres e mozas do programa Calí, tiveron a sorte de recibir unha sesión informativa sobre VIH-Sida e outras ITS no marco do convenio co Plan Nacional sobre o Sida, do Ministerio de Sanidade.
A charla é impartida pola Psicóloga e Voluntaria de Médicos do Mundo de Vigo. María e Carmen trataron con moita mimo e rigor a información e sempre, dende o respeto á súa cultura e idiosincrasia.

As participantes tiveron a oportunidade de facer todas aquelas preguntas que lles pareceron pertinentes e dentro dun espazo completamente seguro onde puideron verbalizar as súas inquedanzas e preocupacións.

As profesionais comparten que, cada vez máis proliferan Infeccións de Transmisión Sexual que se tiñan case por erradicadas como é o caso da sífilis.

As profesionais recalcan a importancia de facer revisións e chequeos de maneira anual para ter unha boa saúde xinecolóxica.

Agradecemos a María e Carmen a súa calidez nas palabras e por facernos partícipes dunha información tan interesante e que, pouco se fala dela. Gracias ás mulleres Calí pola súa boa disposición e implicación.

A información é poder!

Continuará...



Galería

Compartir: