Obradoiro de Educación Saudable co grupo do Formatéate con Garantía en Vigo [editar]
El grupo Formatéate con Garantía en Vigo participó en un taller práctico de educación para la salud, donde reflexionaron sobre hábitos nocivos y aprendieron pautas para mejorarlos. Durante la actividad elaboraron recetas saludables y sencillas, lo que favoreció la experimentación con nuevos alimentos. Además, se promovieron valores como el trabajo en equipo, la autonomía y la implicación, en un ambiente positivo. Este tipo de iniciativas fomenta estilos de vida más saludables aplicables al día a día.
No marco do traballo sobre hábitos saudables, o grupo de Formatéate con Garantía en Vigo participou nun obradoiro práctico de educación para a saúde o cal foi dinamizado pola técnico do programa.
Durante a sesión, as persoas participantes dánse conta dos hábitos nocivos do seu día a día e facilítanse pautas para un pequeno cambio dentro das súas rutinas. Elaboraron diferentes receitas sinxelas e equilibradas, como pan de brócoli, hummus, paté de pemento, zumes naturais e bombóns de dátiles, abelás e chocolate. A actividade permitiu achegarse á alimentación saudable dun xeito práctico e dinámico, favorecendo que o grupo se animase a probar alimentos e preparacións novas, incluso aqueles que nun primeiro momento xeraban certa reticencia.
Ademais, fomentouse o traballo en equipo, a autonomía e a implicación das persoas participantes no proceso, creando un ambiente positivo e colaborativo.
Este tipo de iniciativas contribúen a promover estilos de vida máis saudables, reforzando hábitos positivos que poden trasladarse á súa vida cotiá.



