Non é só exercicio, é amor propio en movemento FSG Vigo

Non é só exercicio, é amor propio en movemento FSG Vigo [editar]

Cuando el cuerpo se mueve, la mente también sana

7 de Octubre de 2025

Vigo (Pontevedra)

Un grupo de mulleres asistiu por primeira vez a unha clase de Zumba, atopando no baile unha vía para mellorar a súa saúde mental e autoestima.

Nun salón cheo de música, risas e moito ritmo, un grupo de mulleres decidiu dar un paso valente e transformador: asistir por primeira vez a unha clase de Zumba. O que comezou como unha iniciativa para saír da rutina, converteuse nun espazo de empoderamento, saúde e benestar emocional.

Baixo o lema “Mover o corpo, liberar a mente”, estas mulleres, atoparon no baile unha forma de reconectar consigo mesmas, fortalecer a súa autoestima e crear unha comunidade de apoio mutuo. “Non se trata de perder peso, senón de gañar alegría, confianza e saúde mental”, comentou Mariana López, unha das participantes.

Ademais do exercicio físico, as sesións convertéronse nun espazo seguro onde as mulleres comparten experiencias, motívanse e celebran cada pequeno logro.


Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidadesprivadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis sociale inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específicoESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción dasaúde na comunidade xitana

#FondosEuropeos

Compartir: