Mulleres que se fortalecen dende dentro na FSG Vigo

Mulleres que se fortalecen dende dentro na FSG Vigo [editar]

5 de Marzo de 2026

FSG Vigo (Pontevedra)

Na FSG Vigo promovemos hábitos saudables a través do programa Rede Galega de Promoción da Saúde na Poboación Xitana. Un grupo de mulleres participa en sesións de fortalecemento do solo pélvico que melloran o benestar físico e emocional, fortalecen a autoestima e fomentan o autocuidado comunitario. As participantes destacan polo seu entusiasmo e compromiso nun camiño compartido cara unha vida máis activa e equilibrada


Na Fundación Secretariado Xitano de Vigo seguimos promovendo hábitos de vida saudables e o coidado integral das persoas a través do programa Rede Galega de Promoción da Saúde na Poboación Xitana.
Dentro desta iniciativa, un grupo de mulleres participa en sesións de exercicios de fortalecemento do solo pélvico guiadas por profesionais especializadas, que combinan movemento, aprendizaxe e conciencia corporal. Estes exercicios non só contribúen a mellorar o ton muscular e a postura, senón tamén a prevención de molestias e a mellora do benestar físico e emocional.
As sesións convertéronse nun espazo de confianza e apoio mutuo, onde as mulleres comparten experiencias, reforzan a súa autoconfianza e atopan motivación para continuar coidándose no seu día a día. Ademais, estas actividades buscan fomentar o autocuidado dende unha perspectiva comunitaria, poñendo en valor a importancia de coidar a saúde de forma activa e consciente.
Dende FSG Vigo destacamos o entusiasmo, a constancia e o espírito de superación das participantes, que día a día avanzan con forza cara unha vida máis activa, equilibrada e saudable.


Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidadesprivadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis sociale inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específicoESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción dasaúde na comunidade xitana


Compartir: