FSG Vigo organiza unha actividade de baile para fomentar hábitos saudables

FSG Vigo organiza unha actividade de baile para fomentar hábitos saudables [editar]

Movemento, música e benestar

7 de Octubre de 2026

Vigo (Pontevedra)

La FSG Vigo organizó una actividad de baile dentro del programa de Promotoras de Saúde para promover la actividad física de forma divertida y accesible. Participaron hombres y mujeres de la comunidad gitana, que mejoraron su condición física mientras disfrutaban de la música y el movimiento. El baile, muy presente en la cultura gitana, sirvió además como espacio de encuentro, convivencia y bienestar. La iniciativa forma parte del trabajo de la FSG para fomentar estilos de vida saludables y reducir las desigualdades en salud en la comunidad gitana.

Desde a Fundación Secretariado Xitano en Vigo levamos a cabo unha actividade de baile dentro do programa de Promotoras de Saúde, coa que se busca promover a actividade física dun xeito divertido e accesible.

Na xornada participaron mulleres da comunidade xitana, que gozaron do ritmo e do movemento mentres melloraban a súa condición física. O baile, moi presente na cultura xitana, converteuse nunha ferramenta para fomentar hábitos de vida saudables e coidar o corpo e a mente.

Máis aló do exercicio, a actividade foi un espazo de encontro, convivencia e benestar compartido, onde as persoas participantes puideron relacionarse, divertirse e apoiarse mutuamente.

Desde a FSG Vigo seguimos a traballar para promover estilos de vida saudables e reducir as desigualdades en saúde na comunidade xitana, achegando propostas de actividade física adaptadas ás necesidades e gustos das persoas. 

Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidadesprivadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis sociale inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específicoESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción dasaúde na comunidade xitana. 

 
 

Compartir: