FSG Vigo conmemora do día Mundial de Loita contra a SIDA

FSG Vigo conmemora do día Mundial de Loita contra a SIDA [editar]

Sigamos o Camiño dos Dereitos

4 de Diciembre de 2024

FSG Vigo

As mulleres do programa Isto Sastimos participan un ano máis na visibilización e defensa dos dereitos das persoas afectadas polo VIH-Sida.

"Pode pórse fin á SIDA se os dereitos de todas as persoas están protexidos. Cos dereitos humanos no centro, coas comunidades á cabeza, o mundo pode rematar coa sida como ameaza para a saúde pública para o 2030" (OMS).

Un ano máis e con motivo da conmemoración do día Mundial de Loita contra a Sida as mulleres do Programa Isto Sastimos de Vigo participan da actividade onde o obxectivo é visibilizar os dereitos das persoas afectadas pola Sida.

Son mulleres moi sensibilizadas e sen medos que apostan pola defensa dos dereitos de todas as persoas pero moito máis, das que sofren algún tipo de discrimación.

Unha premisa para elas é, estar ben informadas para desfacerse de prexuízos e desta maneira dar máis seguridade a todas as persoas que reciben atención fronte ó VIH-Sida e, son capaces de berrar ben alto,

                                      BASTA XA de estigmatizar e discrimar!!
                                      Sigamos o Camiño dos Dereitos!!

Galería

Compartir: