FSG Vigo Autocuidado Natural

FSG Vigo Autocuidado Natural [editar]

14 de Mayo de 2025

FSG Vigo

Unha sesión de autocuidado, onde as mulleres aprenderon sobre ingredientes naturais e tóxicos en produtos cosméticos, mentres elaboraban o seu propio exfoliante caseiro.
A actividade promoveu o benestar, a aprendizaxe e a conexión entre elas.

Hoxe levou a cabo unha enriquecedora sesión de autocuidado e conexión entre mulleres organizada xunto á nosa promotora de saúde.
O encontro tivo como obxectivo principal fomentar o benestar das participantes, promovendo o coñecemento sobre o uso de produtos cosméticos naturais e a importancia de evitar ingredientes tóxicos no coidado persoal.
Durante a xornada, as asistentes exploraron de maneira participativa os compoñentes que comunmente atópanse en xabóns, cremas, exfoliantes e outros produtos de uso cotián. Abordáronse os efectos que certos ingredientes químicos poden ter sobre a saúde, así como alternativas naturais máis seguras e accesibles.
Un dos momentos máis destacados da sesión foi o taller práctico no que cada muller tivo a oportunidade de elaborar o seu propio exfoliante caseiro, utilizando ingredientes naturais como sal fino, aceite de coco e mel.
Esta actividade non só permitiu aplicar os coñecementos adquiridos, senón que tamén fortaleceu os lazos entre as participantes, xerando un espazo de confianza, aprendizaxe colectiva e empoderamento.A sesión foi valorada moi positivamente polas asistentes, quen manifestou o seu interese en continuar aprendendo sobre prácticas de autocuidado. Este tipo de iniciativas reforzan o noso compromiso coa saúde e o benestar das mulleres, promovendo hábitos saudables desde unha perspectiva integral e participativa.

Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidadesprivadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis sociale inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específicoESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción dasaúde na comunidade xitana

Compartir: