Formación práctica en primeros auxilios de FSG A Coruña

Formación práctica en primeros auxilios de FSG A Coruña [editar]

28 de Septiembre de 2026

FSG A Coruña

Un grupo de mozos e mozas participou nunha formación práctica impartida por dúas profesionais médicas do SERGAS do centro de saúde, xunto coa promotora de saúde da FSG.

Durante a sesión aprendemos o método PAS (Protexer, Avisar e Socorrer), como actuar ante un atragoamento e outras situacións de emerxencia, poñendo en práctica diferentes manobras de primeiros auxilios con manequíns.
Unha actividade para adquirir coñecementos e ferramentas que poden ser moi útiles ante unha emerxencia.

Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027. Axudas cofinanciadas en un 60% pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europea máis social e inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02:Mediación na promoción da saúde na comunidade xitana.

 

Documentos de interés

Galería

Compartir: