Actividades saludables en FSG Vigo

En FSG Vigo Volvemos á piscina con enerxía e ilusión [editar]

27 de Enero de 2026

Vigo (Pontevedra)

A Fundación Secretariado Xitano de Vigo retomou as sesións semanais de piscina dentro do programa Rede galega de promoción da saúde na poboación xitana, cunha clara aposta por promover hábitos de vida saudables e o benestar integral das persoas participantes. Esta iniciativa combina exercicio físico, convivencia e apoio mutuo, fortalecendo a autoestima e a saúde emocional. Desde a FSG Vigo destácase a boa acollida e implicación do grupo, que continúa avanzando cara a unha vida máis activa, equilibrada e saudable.

O pasado Martes retomamos as sesións de piscina dentro do programa  Rede galega de promoción da saúde na poboación xitana, unha iniciativa orientada a promover o benestar integral e a mellora da calidade de vida das persoas participantes. Estas sesións, que se desenvolven unha vez por semana, ofrecen un espazo de encontro onde a actividade física se combina con momentos de relax.

O programa ten como principal obxectivo fomentar hábitos de vida saudables, fortalecer a autoestima e mellorar o benestar emocional das persoas participantes a través de actividades que promoven a saúde física, o autocuidado e a participación activa. 

Nas sesións de piscina, mulleres e homes de diferentes idades realizan exercicios adaptados ás súas necesidades, guiados por profesionais que lles acompañan no proceso de aprendizaxe e mellora. O ambiente é distendido e motivador, o que facilita que cada persoa participe ao seu ritmo e goce dos beneficios do exercicio acuático.

Desde FSG Vigo valoramos moi positivamente a implicación e o entusiasmo do grupo. Retomar esta actividade supón un paso importante dentro do compromiso por impulsar estilos de vida saudables e espazos de benestar compartido. Seguiremos promovendo actividades que contribúan ao desenvolvemento persoal e comunitario, convencidas e convencidos de que a saúde física e emocional son piares fundamentais para unha vida plena. 

Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidadesprivadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis sociale inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específicoESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción dasaúde na comunidade xitana




Compartir: