En FSG Vigo entre tixolas e fogóns, aprendendo a comer ben [editar]
Este pasado luns organizouse unha clase práctica de alimentación saudable dentro do programa “Rede galega Da Promoción Da Saúde Na Poboación Xitana ”, coa colaboración da cociñeira De Cousiñas. O obxectivo foi ensinar a preparar receitas equilibradas, reducir graxas pouco saudables e potenciar alimentos ricos en nutrientes. As participantes aprenderon a diferenciar graxas boas e malas, a importancia dos nutrientes esenciais e técnicas para elaborar pratos sinxelos e económicos. A iniciativa busca promover hábitos saudables para mellorar a súa saúde e a das súas familias
Este pasado luns, dimos un paso máis no seu compromiso coa saúde e o benestar organizando unha clase práctica de alimentación saudable xunto cun grupo de participantes, enmarcada no programa “Rede galega Da Promoción Da Saúde Na Poboación Xitana ”.
O obxectivo da actividade foi claro: aprender a cociñar receitas deliciosas que axuden a manter unha dieta equilibrada, reducindo o consumo de graxas pouco saudables e potenciando alimentos ricos en nutrientes. Para iso, contamos coa colaboración de Cousiñas, unha cociñeira excepcional que compartiu coñecementos e trucos para transformar a cociña diaria nun espazo de saúde e sabor.
Foi unha experienza practica e iniciativa onde descubriron
- Como diferenciar grasas boas e malas e o seu impacto na saúde.
- A importancia dos nutrientes esenciais: proteínas, carbohidratos, vitaminas e minerais.
- Técnicas para preparar pratos sinxelos, económicos e cheos de sabor sen recorrer a produtos ultraprocesados.
Entre tixolas e fogóns, o ambiente foi dinámico e cheo de aprendizaxe, pero tamén de risas e compañeirismo. As perticipantes elaboraron receitas equilibradas que poderán incorporar ao seu día a día, demostrando que comer ben non é complicado nin aburrido.
Esta iniciativa forma parte do programa “Rede galega Da Promoción Da Saúde Na Poboación Xitana ”, promovendo cambios positivos nas súas familias e contornos.
A alimentación consciente é unha ferramenta clave para previr enfermidades crónicas e mellorar a calidade de vida.