É importante a nosa beleza físca, o que se ve? [editar]

Sesión sobre os hábitos de hixiene saudables e prevención de enfermidades.
Nesta sesión de prevención de hábitos de hixiene saudables, impartida pola nosa compañeira en prácticas do Grao de Educación Social, Rebeca R.I..
Enmárcase dentro do programa Romanó Sastipén e trata de dar pautas de hixiene bucodentais así como prevención de enfermidades.
Ademáis faise ver cal é a verdadeira beleza que nos queren transmitir atraveso das redes sociais e cal é a imaxe real que hai detrás de todo iso para que teñas recursos para abordalo no entorno familiar e saiban explicarlle ós seus fillos e fillas todo o que hai detrás das redes sociais.
Iso non quere dicir que non teñamos que sentirnos ben con nós mesmas e termos unha boa imaxe persoal e, para iso tamén hai que coidarse por dentro e seguir as indiciacións médicas dos nosos facultativos tanto de atención primaria como dos dentistas xa que non acoden por medo. Facemos unha especial abordaxe neste senso para un achegamento amistoso a dita especialidade e sobretodo coas súas fillas e fillos a idades temperás para ter unha boa relación co odontólogo/a.
A sesión foi moi interesante xa que as mulleres participaron moi activamente e, fixeron consultas moi axeitadas ás que a nosa compañeira Rebeca, deu respostas con moito rigor e sendo moi atenta e amable para con todas nós.
