Autocuidado Require Tanta Paciencia como a Boa Nutrición FSG Vigo [editar]

A sesión centrouse na Pirámide Alimenticia como guía para a saúde e a planificación consciente,
os asistentes pasaron á elaboración de cosmética natural (desodorizante, exfoliante e xabón de áloe vera).
O obxectivo foi dobre: ofrecer alternativas saudables e usar o proceso creativo como exercicio de paciencia e meditación.
A xornada comezou cunha exposición detallada sobre a Pirámide Alimenticia. Analizamos cada nivel para entender como a elección de alimentos impacta directamente na nosa enerxía, estado de ánimo e saúde a longo prazo.
A nutrición foi presentada non como unha lista de prohibicións, senón como un exercicio de consciencia e planificación paciente.
A continuación, a sesión pasou do prato ao tocador, onde puxemos a proba a paciencia dos asistentes mediante a elaboración de produtos de cosmética natural.
O obxectivo desta fase era dobre: ofrecer alternativas saudables aos produtos comerciais e utilizar o proceso de creación como unha meditación activa para traballar e fortalecer a virtude da paciencia.
Os participantes dedicáronse con esmero a crear tres elementos esenciais da rutina de autocuidado:
Desodorizante casero, exfoliante revitalizante, xabón artesanal de áloe vera.
A paciencia é un ingrediente crave para un benestar auténtico. Os asistentes non só levaron produtos feitos por eles mesmos, senón a valiosa lección de que os hábitos máis saudables e duradeiros
Programa de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no eido da promoción da saúde da poboación xitana, por entidadesprivadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 a 2027.Axudas cofinanciadas en un 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo político 4: Unha Europa máis sociale inclusiva, por medio da aplicación do pilar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específicoESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos, e medida 2.J.02: Mediación na promoción dasaúde na comunidade xitana
#FondosEuropeos