"O noso Pequeno Almorzo"

"O noso Pequeno Almorzo" [editar]

Hábitos Alimenticios Saudables

2 de Abril de 2025

FSG Vigo

Novas ideas de pequenos almorzos saudables e divertidos, para facer en familia.

Obradoiro de hábitos alimenticios saudables para coas familias dentro do Programa "En Familia Todos Contan" (Prevención Selectiva).

Manter unhas rutinas e hábitos saudables no día a día non é sinxelo como ben indican as familias e menos, se as ideas se nos esgotan.

Neste encontro tratamos de elaborar pratos sinxelos, divertidos e, ó mesmo tempo, saudables para toda a familia. 

Neste senso, facemos moito fincapé na importancia de incluír ós seus fillos e fillas na elaboración dos pratos para que, os seus gustos e hábitos vaian mudando pouco a pouco.

As persoas participantes quedaron moi satisfeitas de todo o elaborado e afirman querer repetir en vindeiras ocasións.

Pola nosa banda, sentímonos moi orgullosas delas e de todos os avances acadados para con elas e tamén, para coas súas familias.

Agardamos que se vos faga a boca auga tanto como a nós neste días e, queirades probar novas receitas.

Ata a próxima aventura culinaria.

Galería

Compartir: