XVII Encontro Galego de Participación [editar]
O Programa de Inclusión Residencial da Fundación Secretariado Xitano de Vigo participa en Santiago de Compostela no XVII Encontro Galego de Participación
O pasado día 10 de Xuño tivo lugar en Satiago de Compostela o XVII Encontro Galego de Participación entre diferentes entidades do terceiro sector baixo o título "Vivenda accesible, a a chave da inclusión". As persoas asistentes formaban parte tanto de persoal técnico como de participantes nas entidades, as cales traballaron xuntas en torno á temática das dificultades actuais no acceso á vivenda. Dende a Fundación Secretariado Xitano de Vigo acudiron o técnico de inclusión residencial xunto cunha das nosas participantes, a cal tivo a oportunidade de expor non só as dificultades coas que se atopan as familias xitanas para acceder a unha vivenda, senon tamén de xeito engadido a discriminación que sufren por su pertenza a unha comunidade que aínda segue sendo estigmatizada en diferentes contextos. O resto de entidades, entre elas adicadas a sectores como a discapacidade ou inmigración, manifestaron tamén os seus impedimentos específicos no acceso á vivenda expoñendo tamén diferentes casos que foron compartidos entre todo o público. Finalmente, tras organizar diferentes grupos de traballo, houbo una posta en común con diferentes propostas e reclamos como a mobilización de vivenda baleira ou unha maior regulación dos prezos dos alugueres.


