Xornada educativa no Pazo de Castrelos [editar]

O alumnado Promociona e Promociona-T de Vigo, disfrutou o pasado día 22 de xullo dunha enriquecedora visita ao Pazo de Castrelos, un dos espazos históricos e culturais máis emblemáticos de Vigo.
Durante a xornada, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de recorrer os xardíns do pazo, coñecer a súa historia e explorar o Museo Quiñones de León, ubicado no interior do edificio.
Guiados por unha monitora especializada, os estudantes descubriron detalles sobre a vida nos pazos galegos, as coleccións de arte e obxectos históricos que alberga o museo, así como a importancia de este patrimonio para a cidade de Vigo.
Agradecemos á Casa das Artes pola oportunidade de realizar esta visita con eles, e en especial ça monitora que nos guiou, os nenos o pasaron xenial e sobre todo, aprenderon moito!
