Visitamos o Porto de Vigo [editar]

Participantes do programa de educación Promociona de Vigo visita o Porto Pesqueiro.
Continuamos coas actividades de verán. Este martes 8 de xullo, tivemos a sorte de poder visitar o Porto Pesqueiro de Vigo.
Os nenos e nenas dos Programas Promociona, Promociona-T e Promociona+ aprenderon moitos conceptos novos, como as partes dos barcos, os distintos modos de pesca, os diferentes animais mariños que temos na nosa ría, os viveros onde crían os mariscos, as cámaras de frío donde os manteñen frescos, as águias que protexen o porto... en conclusión, coñeceron o funcionamento do sector pesqueiro desde dentro e resultoulles impresionante!
Tamén veron de moi preto unha centola, un bogavante, un boi de mar e unha cigala, aprenderon as súas partes e a súas maneiras de alimentarse, defenderse e reproducirse, e incluso os puideron tocar ¡Case ata os levan para casa!
E todo isto mentres disfrutaban das espectaculares vistas da nosa ría.
Aquí vos deixamos unhas fotos da visita.