Unha mañá chea de ritmo para o Promociona [editar]
O xoves 17 de xullo, o alumnado Promociona e Promociona-T participan nunha animada sesión de Zumba no centro deportivo Jess Fit & Dance.
Durante unha hora, os nenos, nenas e tamén as profes, movéronse con enerxía ao ritmo da música latina. Compartiron risas e demostraron as súas habilidades de coordinación e ritmo.
A actividade, ademáis de promover hábitos saudables, fomentou o exercicio físico, a convivencia, a diversión e o autoconcepto. Foi unha experiencia moi positiva e xerouse un ambiente de boas vibras moi especial.
O alumnado quedou marabillado tanto coa sesión, coma co monitor, Jess, que acolleunos con todo o cariño do mundo e a mellor enerxía.
Dámoste as grazas dende aquí e prepárate, porque repetiremos!!