Sesión informativa de FSG Vigo sobre el Programa de Inclusión Residencial [editar]
Sesión informativa sobre as vindeiras sesións formativas do programa de inclusión residencial da FXG de Vigo
O pasado 29 de Setembro tivo lugar na nosa sede da FSX de Vigo unha convocatoria de cara as nosos/as participantes de caracter informativo, pero tamén con ánimo de propiciar un espazo de encontro, para lles trasladar as vindeiras sesións formativas que terán lugar nestes meses por parte do Programa de Inclusión Residencial. Algunas desas formacións serán sobre eficiencia enerxética, sobre mantenemento e seguridade no fogar, as cales serán impartidas pola Escuela de Energía da Fundación Naturgy. Por outra banda, antes de que remate o ano, faremos un obradoiro manual sobre arranxos domésticos ou de roupa. As participantes da sesión de hoxe desfrutaron dun café mentres amosaban interés polas futuras formacións promovidas polo Programa de Inclusión Residencial da poboación xitana, o cal é financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, o cal destina subvencións para programas de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.
