Rodando por Vigo con Promociona [editar]

Xornada inesquecible para o Promociona de Vigo!
O martes 29 de xullo, no Promociona e Promociona-T fixemos unha ruta en bicicleta pola Vía Verde ata Chapela, merendola, superación persoal, compañerismo e sobre todo, moita diversión e aprendizaxe sobre a nosa cidade.
Queremos darlle as grazas a Biking Vigo, que xunto con A Golpe de Pedal, acompañáronnos e guiáronnos nesta pequena aventura.
Sen dúbida será unha mañá que os nosos nenos e nenas levarán marcada na súa memoria.
