Primeiros Auxilios con as Mulleres do Programa Calí FSE + de FSG Vigo [editar]

Formación en Primeros Auxilios no Programa Calí FSE+ Vigo
O pasado venres tivemos a sorte de acudir a unha formación de primeiros auxilios no IES SAN JOSE DA GUIA, co obxectivo de controlar algunhas técnicas que permiten a atención inmediata dun accidentado, ata que chegue a asistencia médica profesional, co fin de que as lesións que sufriu “NON EMPEOREN”.
Contar con coñecementos en primeiros auxilios permite actuar con confianza e rapidez #ante situacións críticas. Saber como realizar manobras de resucitación cardiopulmonar (RCP), deter hemorraxias ou atender a alguén que sufriu unha caída pode ser crucial mentres se espera a chegada de profesionais da saúde.
Esta formación non só proporciona habilidades prácticas, senón que tamén axuda a reducir o medo e a incerteza que moitas persoas senten ao enfrontarse a emerxencias. Unha sesión entretida e divertida nas que as mulleres calís estiveron moi participativas e con ganas dunha segunda parte.
Agradecer a IES San José de la Guía pola súa colaboración e especial a Lucía, a Profe, por su paciencia e o seu interés polo grupo Calí.
