Pechamos o verán Promociona Vigo por tódolo alto

Pechamos o verán Promociona Vigo por tódolo alto [editar]

30 de Julio de 2025

FSG Vigo (Pontevedra)

O Promociona, Promociona+, Promociona-T e Acais viaxamos a Cangas en barco, e camiñamos ata a praia de Areamilla.

Gozamos dun caluroso día xogando ás pas, facendo pozos de area, recolectando algas, cunchas, pedras, nadando, buceando, comendo xeado... digamos que pasamos un día de praia completo!!

Aos nosos nenos e nenas encántalles a praia así que... confirmamos que foi o mellor peche para todos eles!!

Dende Vigo desexámosvos un bo verán a todos e todas!!

Voltamos en setembro!!

Galería

Compartir: