Obradoiro sobre facturas de luz eléctrica na FSG Vigo [editar]

Acción grupal na sede da FSG en Vigo onde se imparte unha formación sobre como ler as facturas de luz eléctrica
Este xoves 24 de Abril, malia que o día fora solleiro, algunhas participantes da nosa entidade acudiron a nosa sede para asistir a un obradoiro sobre lectura de facturas de luz. Este obradoiro foi impartido por unha traballadora da Fundación Naturgy-Escuela de Energía en Galicia, a cal amosou mediante exemplos prácticos o contido e análise detallado do que podemos atopar nunha factura de luz de cara a unha maior comprensión do consumo doméstico que facemos no fogar, así como a estudar as diferentes posibilidades de aforro, incluindo os requisitos e vantaxes do bono social eléctrico. As participantes quedaron satisfeitas, levando información sobre as posibilidades de aforro doméstico a través de menores custos no consumo eléctrico
