Obradoiro sobre consumo eléctrico no fogar FSG Vigo [editar]

Obradoiro coa participación da Fundación Naturgy-Escuela de Energía destiñado a todas aquelas persoas e familias interesadas en saber e aforrar no seu consumo eléctrico.
É Setembro e comeza de novo o tempo escolar.Neste senso, dende o Programa de Inclusión Residencial da FSG de Vigo inauguramos esta tempada coa colaboración da Escola de Enerxía dentro da Fundación Naturgy, a cal veu este pasado martes a nosa sede para impartir un obradoiro a persoas e familias interesadas en aprender e aforrar sobre o seu consumo eléctrico no fogar.
Pasamos a mañá aprendendo de xeito sinxelo a desglosar cada un dos conceptos que aparecen nunha factura de luz, así como os trucos e medidas que podemos tomar para aforrar no noso consumo doméstico, incluidas as axudas destiñadas ás familias máis vulnerables para que podan acollerse tanto ao bono social eléctrico como ao bono térmico da Xunta de Galicia.
Programa financiado pola conselleria de Políticas Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a asignación tributaria do 0.7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.
