Obradoiro reparacións domésticas FSG Vigo

Obradoiro reparacións domésticas FSG Vigo [editar]

16 de Diciembre de 2025

FSG Vigo (Pontevedra)

Obradoiro sobre reparacións domésticas destinado a mulleres

Este pasado martes 16 de Decembro tivo lugar na sede da Fundación Secretariado Xitano en Vigo un obradoiro sobre arranxos domésticos eléctricos destinados a mulleres participantes na entidade. O obxectivo desta xornada mañaneira estaba baseado no empoderamento das mulleres a través da adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para afrontar situacións cotiás nas nosas vivendas cando temos algunha avería ou queremos facer algún tipo de instalación eléctrica. Esta formación foi proporcionada pola empresa Impulsa Formación y Empleo e foi financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a asignación tributariqa do 0'7% do IRPF e o Imposto de Sociedades. Dito obradoiro transcorreu de xeito práctico, onde aprendimos dende manipular un cadro eléctrico ata a reparación e instalación de interruptores e timbres

Galería

Compartir: