Obradoiro informativo sobre seguridade no fogar na sede da FSG Vigo

Obradoiro informativo sobre seguridade no fogar na sede da FSG Vigo [editar]

18 de Febrero de 2026

FSG Vigo (Pontevedra)

Xornada informativa e práctica sobre recomendacións para previr de posibles accidentes domésticos nos nosos fogares

O pasado 18 de Febreiro tivemos unha xornada informativa na sede da FSG Vigo sobre seguridade no fogar. A formación foi impartida pola Escola de Enerxía da Fundación Naturgy, que imparte obradorios dende diferentes puntos da nosa xeografía española, así como polo Prograna de Inclusión Residencial dirixido a Poboación Xitana da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. Perante dúas horas, estivemos de xeito participativo analizando os principais accidentes domésticos máis comúns, así como propoñendo unhas pautas e consellos moi doados sobre como previr estes accidentes, os cales as veces se deben a posibles despistes, pero tamén á falta de coidado e mantenemento correcto e en condcións de seguridade das instalacións eléctricas no interior das vivendas.

Compartir: