Obradoiro informativo de FSG Vigo sobre sorteo de vivendas de Casa 47 [editar]
Impartición de una sesión informativa a los participantes de la convocatoria piloto en la ciudad de Vigo de viviendas asequibles por parte de la empresa estatal de la vivienda Casa 47
O pasado 27 de Xaneiro, a sede da FSX en Vigo acolleu un obradoiro informativo sobre a nova iniciativa Casa 47, empresa estatal de vivenda, consistente nun próximo sorteo de vivendas de aluguer asequible.
Asistiron un grupo de participantes interesados en coñecer as condicións de acceso e proceso de solicitude destas vivendas situadas na cidade de Vigo. Ao longo da xornada, o alumnado amosou unha participación activa, formulando preguntas e compartindo as súas inquedanzas sobre as dificultades de acceso á vivenda, nun clima que favoreceu o diálogo e a comprensión dos trámites necesarios.
O técnico do Programa de Inclusión Residencial para a Poboación Xitana, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través do 0,7% IRPF, guiou aos asistentes na identificación dos requisitos e prazos desta convocatoria, que permanece aberta até o vindeiro 20 de Febreiro.
Ademais lembrou que para as familias con recursos e ingresos insuficientes para participar nesta convocatoria poden optar a inscripción no Rexistro de Demandantes de vivienda de protección oficial de promoción pública