Obradoiro de reparacións no fogar FSG Vigo

Obradoiro de reparacións no fogar FSG Vigo [editar]

23 de Noviembre de 2026

FSG Vigo (Pontevedra)

Obradoiro práctico destinado a mulleres para aprender a identificar riscos no fogar, solventar avarías e arranxar desperfectos nas vivendas

O pasado xoves 18 de Novembro na sede da Fundación Secretariado Xitano en Vigo tivemos o gusto de participar nun obradorio sobre nocións básicas de reparacións no fogar. Este obradorio tiña como principal obxectivo a participación das mulleres, creando un espazo colectivo onde aprenderan de xeito conxunto unha serie de nocións relacionadas maiormente coa electricidade e fontanería. O contido do obradorio abordou unha mañá enteira, co fin de que as participantes souberan identificar problemas na súas viviendas e saber arranxalos por elas mesmas, reforzando a súa capacidade autónoma e cuestionando os roles tradicionais de xénero, os cales delegan nos homes este tipo de tarefas domésticas. Grazas ao aprendizaxe de toda unha serie accións cotiás como desmontar ou montar enchufes, os cambios de bombillas e portalámparas, identificar chaves de paso, saber desatascar e reparar goteos, moitas das nosas participantes sairon sabendo resolver toda unha serie de problemas no fogar por elas mesmas, medrando a seguridade e autoconfianza. Este obradoiro foi impartido pola empresa local Rdecora, a iniciativa do Programa de Inclusión Residencial dirixido a Poboación Xitana, o cal é financiado pola Consellería de Política Social da Xunta a través das subvencións de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto da renta das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025.

Galería

Compartir: