O Alumnado Promociona e Promociona + de Vigo participan no proxecto Educar en Xustiza

O Alumnado Promociona e Promociona + de Vigo participan no proxecto Educar en Xustiza [editar]

Promociona e Promociona + de Vigo participan en Educar en Xustiza

12 de Noviembre de 2024

FSG Vigo

O pasado 12 de novembro o alumnado Promociona e Promociona + viviu unha experiencia única na Cidade da Xustiza de Vigo ó participar no proxecto Educar en Xustiza que un ano mais, organzia o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia( TSXG)

Os mozos e mozas do Promociona e Promociona+ de Vigo puideron coñecer de primeira man como funciona a xustiza, visitando as instalacions, sentándose na tribuna e ata simulando un verdadeiro xuizo!

O mais divertido? Coñecer ao xuíz mási novo de España! Foi unha oportunidade única para facerlle preguntas e descubrir o seu día a día. E non nos quedamos ahí,tamén puidemos falar con outros funcionari@s e aprender sobre os diferentes traballos que se realizan na Cidade da Xustiza.

Foi un día cheo de risas , aprendizaxe e moita emoción! Grazas a esta experiencia , os nosos mozos e mozas teñen unha visión máis clara do sistema xudicial, dos seus procedementos e do importante papel que xoga na sociedade, así coo as posibles consecuencias de cometer un delito. 

Noraboa por estas iniciativas que permiten achegar as institucións á cidadanía.

Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto de sociedades para o ano 2023.

Galería

Compartir: