Judo e Defensa Persoal na Fundación Sales [editar]

O alumnado Promociona, Promociona+ e Promociona-T de Vigo reciben unha clase moi especial rodeados de natureza.
O 16 de xullo visitamos o xardín botánico da Fundación Sales, onde recibimos unha clase práctica que os nenos e nenas de Vigo non olvidarán!
A sesión foi dinámica, divertida e sobre todo, moi educativa. A través do xogo e o movemento, o alumnado aprendeu os principios básicos da defensa persoal e do judo: respeto, esforzo, equilibrio e control do corpo e da mente.
Aquí vos deixamos un resumo da nosa enriquecedora xornada de deporte, contacto coa natureza e aprendizaxe activo fora da aula.
Queremos agradecer á Fundación Sales polo trato recibido e sobre todo ao noso Mestre Sensei, que dende o primeiro momento ganouse o respeto dos nosos nenos e nenas.
