Fundación Secretariado Xitano de Vigo achega Promociona ao Colexio San José da Guía [editar]
A Fundación Secretariado Xitano de Vigo achegou o seu Programa Promociona ao Colexio San José da Guía nun encontro co alumnado do Ciclo Superior de Integración Social. Presentouse o papel clave do voluntariado no apoio educativo a nenos e nenas xitanas e resaltouse a importancia da implicación dos futuros profesionais da integración social para mellorar as oportunidades educativas e coñecer de perto a realidade da comunidade xitana.
A sesión centrouse en presentar os programas que desenvolve a Fundación Secretariado Xitano de Vigo, con especial atención ao Programa Promociona e ao papel chave do voluntariado no apoio educativo ao alumnado xitano. Explicouse como, a través do acompañamento nas tarefas escolares, o reforzo nos hábitos de estudo e a presenza cercana de persoas voluntarias, se contribúe a mellorar as oportunidades educativas de nenos e nenas xitanas.
Así mesmo, destacouse a importancia da implicación do futuro persoal técnico en Integración Social, subliñando que o seu compromiso, sensibilidade e mirada profesional poden converterse nun piar fundamental para seguir mellorando a calidade das intervencións que se levan a cabo desde a entidade. O encontro serviu tamén para espertar o interese do alumnado por coñecer máis de preto a realidade da comunidade xitana e as posibilidades de colaboración no marco do Programa PROMOCIONA.
Programa/Investimento financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.