FSG Vigo visita o Centro Interactivo Naturnova [editar]

O pasado martes 15 de xullo, o alumnado Promociona, Promociona+, Promociona-T e CODIGI, disfrutaron dunha enriquecedora xornada educativa en Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental de Afundación, situado no centro de Vigo.
Durante a visita, os nenos e nenas participaron na actividade “Navegando coa ciencia”, onde exploraron de forma dinámica e interactiva distintos aspectos do medio ambiente, o Universo e a relación entre o ser humano e o seu entorno. A proposta combinou ciencia, xogo e concienciación medioambiental.
Unha das zonas que máis lles chamou a atención, foi o simulador de submarino, que permite “sumerxirse” nos fondos mariños da nosa ría, así como a mesa interactiva Sandbox, que utiliza realidade aumentada para recrear paisaxes en tempo real. A emoción e a curiosidade notábanse en cada recuncho!
Ademáis de aprender sobre os gases atmosféricos, o cambio climático e o coidado do planeta, o alumnado participou en xogos didácticos interactivos onde resolveron retos relacionados co sistema solar.
Non nos esquecemos do microscopio, co que puideron analizar con detalle unha rocha volcánica, un ovo de tiburón, unha pedra de granito, un coral e un anaco de meteoro, que estaban escondidos polas salas e tiveron que ir atopando.
A actividade resultou moi positiva tanto para o alumnado como para as profesoras acompañantes, xa que fomentou valores como o respeto pola natureza, o traballo en equipo e a aprendizaxe activo fora da aula.
Agradecemos a todo o equipo de Naturnova pola súa atención, e especialmente ás dúas monitoras que nos guiaron durante toda a actividade.
¡Repetiremos a experiencia en futuras edicións!
