FSG Pontevedra realiza unha formación ás participantes sobre acceso a vivenda pública [editar]
A Fundación Secretariado Xitano en Pontevedra impartiu unha sesión informativa ás participantes sobre o acceso á Vivenda de Protección Oficial da Xunta de Galicia. Durante a xornada, explicáronse os requisitos, a documentación necesaria, o funcionamento dos sorteos públicos e as previsións de novas promocións na zona. O obxectivo principal foi resolver dúbidas burocráticas e dotar ás mulleres de ferramentas prácticas para facilitar o seu acceso a unha vivenda digna.
Na sede da Fundación Secretariado Xitano en Pontevedra realizouse unha formación onde as participantes. A través dunha sesión formativa e informativa detallando, de primeira man, os mecanismos, requisitos e vías de acceso a Vivenda de Protección Oficial (VPO) da Xunta de Galicia.
O obxectivo desta formación foi dotar ás asistentes dos coñecementos prácticos necesarios para exercer o seu dereito á vivenda digna. Na devandita formación tamén aclaramos as principais dúbidas con relación aos procedementos unha vez rexistradas no rexistro de vivenda pública.
A formación estruturouse en varios bloques temáticos para coñecer todos os aspectos:
- Requisitos de acceso e perfil do solicitante: Criterios económicos, familiares e de residencia esixidos pola Xunta de Galicia para poder inscribirse no Rexistro Unico de demandantes de vivenda.
- Tramites e documentación: Detallouse paso a paso a documentación oficial necesaria para formalizar a solitud, co fin de evitar erros burocráticos.
- Proceso de adxudicación: Explicouse de forma transparente o funcionamento dos sorteos públicos, os sistemas de baremación e como xestionar as lista de esperauna vez que as solicitudes son admitidas.
- Futuras promocións na zona: Ofrecéronse datos actualizados sobre as previsións da administración autonómica respecto a novas promocións de vivenda protexida.
Esta acción está enmarcada dentro del Programa de Inclusión Residencial dirigido a la población gitana financiado por la Consellería de Política Social e Igualdad da Xunta de Galicia dentro de la convocatoria de subvenciones destinadas a la realización de programas de interés general para fines de carácter social, con cargo a la asignación tributaria del 0,7% de impuesto sobre la renta de las personas físicas y del impuesto de sociedades para el año 2025.