FSG Pontevedra acompañana á entrega de chaves de Valdecorvos [editar]
A oficina da Fundación Secretariado Xitano (FSG) en Pontevedra acompañou ás familias participantes afortunadas no sorteo das vivendas de Valdecorvos á entrega de chaves dos seus novos fogares. O acto tivo lugar o 28 de xullo coa presenza de autoridades da Xunta de Galicia. A técnica de vivenda da FSG apoiou aos beneficiarios durante todo o proceso documental e os trámites previos. Tras máis dun ano de xestións, as familias iniciaron con gran emoción esta nova etapa.
Desde a delegación da Fundación Secretariado Xitano (FSG) en Pontevedra, tivemos o pracer de acompañar ás persoas participantes dos nosos programas que resultaron afortunadas no sorteo de adxudicación das vivendas de Valdecorvos, nun día verdadeiramente significativo: a entrega oficial das chaves dos seus futuros fogares.
O esperado acto tivo lugar o pasado 28 de xullo na propia promoción de vivendas, contando coa presenza institucional de autoridades da Xunta de Galicia, quen fixo efectiva a entrega dos inmobles aos novos adxudicatarios.
Detrás deste gran fito hai un intenso camiño de traballo conxunto. Ao longo de todo o proceso, a técnica de vivenda da FSG estivo ao lado das familias, ofrecendo un asesoramento integral en cada fase:
Xestión documental: Preparación, revisión e tramitación de toda a documentación requirida pola administración.
Acompañamento administrativo: Asistencia na firma de contratos e xestións vinculadas á adquisición e acceso á vivenda.
Apoio técnico e informativo: Resolución de dúbidas sobre os trámites previos e posteriores á entrega.
Para os e as participantes, este acto supón o broche final a máis dun ano de xestións, espera e incerteza. A emoción e a alegría foron as claras protagonistas da xornada ao recibir as chaves que lles abren a porta, de xeito oficial, a unha nova etapa nas súas vidas dentro destes pisos.
Desde a FSG celebramos este paso tan fundamental cara á inclusión social e a garantía do dereito a unha vivenda digna, e seguiremos ao lado das familias para apoiar a súa adaptación e integración nesta nova contorna.
Está acción foi posible grazas ao programa de Inclusión residencial dirixido á poboación xitana financiado pola Xunta.
