Éxito Escolar do Alumnado Xitano en FSG Santiago. Arrinca o Curso 2025/2026 [editar]
A FSG en Santiago comezou o curso 2025/2026 apoiando a 33 alumnos para garantir o seu éxito escolar e continuidade educativa, fortalecendo a colaboración con 15 centros educativos. O seu logro no curso anterior foi que 9 de 10 alumnos de 4º ESO finalizaron con éxito e todos continuaron a estudos postobligatorios (Bacharelato e FP).
En setembro comezaron os programas educativos da FSG en Santiago de Compostela.
A nosa finalidade principal é garantir o éxito escolar e a continuidade educativa do alumnado xitano ao longo de toda a súa etapa formativa.
Neste curso 2025/2026 demos a benvida a 33 participantes que contan co apoio incondicional do noso equipo educativo, formado por profesionais especializados: Pablo, o orientador; Lidia, Cris e Jorge, os docentes de reforzo e Sara, a nosa educadora dixital.
Coa intención de dar o mellor apoio posible e asegurar a coordinación, fortalecemos a nosa colaboración coa comunidade escolar, asinando 15 convenios específicos con centros educativos locais.
No curso anterior, 2024/2025, celebramos un logro extraordinario: 9 dos nosos 10 participantes que cursaban 4º da ESO finalizaron con éxito os seus estudos.
Neste novo curso, todos eles deron o salto a estudos postobligatorios: Bacharelato, Formación Profesional de Mecánica, Farmacia, Comercio, Informática e Carpintería.
Cando a educación avanza, a nosa sociedade avanza cara a un futuro máis xusto e inclusivo !
Para levar a cabo o programa contamos coa financiación da Diputación da Coruña.