Encontro Aberto de Estudantes 2025 na FSX Vigo [editar]

Celebramos o acto de peche do curso 2024/2025 dos programas Promociona, Promociona+ e Promociona-T cun encontro cheo de emocións. Sete estudantes acadaron o título da ESO, rodeados de recoñecemento por parte das súas familias, profesorado e técnicos. O evento contou coa participación dun mago, a proxección de fotos, mensaxes das familias e moita ilusión polo futuro.
Este ano, no Encontro Aberto de Estudantes vivimos un serán cheo de emocións e orgullo. Sete estudantes acadaron unha meta que leva traballo, constancia e apoio: remataron a ESO. Estes alumnos e alumnas son exemplo de todo o que se pode conseguir cando se cre, cando se loita e cando se aposta pola educación.
Durante o encontro acompañounos un mago que fixo voar a nosa imaxiacion coa súa actuación. Pero a maxia non remataba ahí, as fotos cheas de lembranzas, as palabras das familias que recoñeceron con orgullo e admiración o esforzo dos seus fillos e fillas deron o broche final.
Vivimos sorrisos, abrazos, orgullo colectivo e algunha que outra bágoa ao lembrar tantas tardes e tantos momentos xuntos e xuntas.
Quixemos tamén render unha homenaxe ao profesorado e ao equipo técnico dos programas que acompañaron ao longo do tempo aos rapaces. O evento rematou cun ambiente de celebración, abrazos e moita ilusión polo futuro que comeza agora para estes mozos e mozas que demostraron que, con apoio e esforzo, todo é posible.
Parabéns á promoción 2025!
