En Vigo xa arrancamos o verán Promociona [editar]

Os nenos e nenas do Programa Promociona comezan o verán entre area e sal
O 2 de xullo comezamos a tempada do verán Promociona en Vigo. Aproveitamos para darlle unha benvida ó verán da mellor maneira que temos na costa... INDO Á PRAIA!
Visitamos unha das praias máis famosas da nosa cidade, pasamos unha xornada de moito sol, castelos de area, pozos de auga salgada, ondas de mar e ata un pouco de piscina!
Qué ben o pasan estes nenos e nenas Promociona, Promociona-T e Promociona+ cada vez que os levamos á praia... así que non será a única visita que lle fagamos este verán!
Preparádevos!
