En FSG Vigo organizamos un Mentoring con alumnado Promociona+

En FSG Vigo organizamos un Mentoring con alumnado Promociona+ [editar]

10 de Abril de 2025

FSG Vigo

A nosa alumna Promo+ realiza un Mentoring na axencia de publicidade e marketing Anónimo Advertising

O pasado mes de marzo Nahir , alumna Promociona+ en 3º de Grao de Publicidade e Relacións Públicas realizou un Mentoring na empresa Anónimo Advertising, é a segunda vez que esta axencia de publicidade e márketing de Vigo colabora connosco na realización dun Mentoring. A primeira vez resultou unha experiencia moi positiva que contribuíu á motivación da alumna para continuar os seus estudos.

Nesta ocasión o obxectivo era centrarse en departamentos moi concretos. o de creatividade e o de edición de vídeo, coa mirada posta nas prácticas e a realización do TFG o próximo curso. De novo a experiencia non puido ser máis positiva e por iso agradecemos a Anónimo Advertising a súa colaboración e entusiasmo.

Non podemos deixar de mencionar que o Mentoring é unha das accións motivadoras que perseguen que o alumnado xitano continúe os seus estudos e coñeza diferentes opcións formativas e profesionais.

Nahir é participante do Programa Promociona+ ; Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade dá Xunta de Galicia dentro dá convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda dás persoas físicas e do imposto de sociedades para ou ano 2024.

Compartir: