Curso de repostería e bolería FSG Vigo

Curso de repostería e bolería FSG Vigo [editar]

8 mulleres perfeccionan coñecementos en repostería

10 de Diciembre de 2025

FSG Vigo (Pontevedra)

8 mulleres perfeccionan coñecementos e técnicas de repostería tradicional e moderna

O obradoiro de Aproinppa en Vigo foi o escenario dun curso especializado de repostaría e bolaría no que participaron oito mulleres, cun programa eminentemente práctico orientado a adquirir destrezas profesionais, reforzar a confianza na cociña creativa e abrir novas oportunidades laborais no sector alimentario.

Ao longo de varias sesións no obrador, as participantes traballaron masas básicas e fermentadas, pezas de bolaría clásica e moderna, tortas de tempada, galletas e doces individuais. A formación incluíu tamén contidos esenciais de hixiene e seguridade alimentaria, organización do posto de traballo e control de custos, co obxectivo de trasladar ao día a día de pequenos negocios e proxectos emprendedores boas prácticas profesionais.
As elaboraciones desenvolveron o uso de ingredientes de proximidade, a redución do desperdicio e alternativas sen glute ou sen lactosa en preparacións sinxelas, fomentando unha cociña inclusiva adaptada a diferentes necesidades.
Dende a organización valorouse especialmente a dinámica colaborativa do grupo, a creación de rede entre participantes e a posibilidade de conciliar o tempo de formación con responsabilidades persoais. Co peche desta edición, estúdanse  novas datas e fomatos para dar continuidade a estas formacións.

Galería

Compartir: