Curso de carretilla en FSG Vigo [editar]
Dous participantes do programa de emprego Acceder realizan con éxito a formación de carretilla elevadora.
A Fundación Secretariado Gitano de Vigo celebrou un curso de carretilleiro en colaboración coa empresa Impulsa Formación, unha acción formativa pensada para abrir novas oportunidades laborais e fortalecer a confianza e as capacidades das persoas participantes.
Ao longo da formación, o alumnado puido formarse tanto a nivel teórico como práctico no manexo seguro de carretillas elevadoras, a prevención de riscos laborais e a normativa vixente, adquirindo ferramentas clave para aceder ao mercado laboral en sectores con alta demanda.
Esta formación no só supuxo a aprendizaxe dunha nova competencia profesional, senon tamén un paso importante cara a autonomía e a inserción laboral. Dende a Fundación Secretariado Gitano seguimos apostando pola formación como motor de cambio, e agradecemos a colaboración de empresas como Impulsa Formación, que fan posible construir itinerarios reais de emprego.

