Competencias Clave 2026 [editar]
Complétase o proceso de matrícula para as Competencias Clave 2026
A Fundación Secretariado Xitano en Vigo vén de completar o apoio na inscrición das persoas participantes do seu programa de emprego nas probas de Competencias Clave 2026 convocadas pola Xunta de Galicia. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia co procedemento TR306A, estivo aberta entre o 15 de xaneiro e o 16 de febreiro e permite o acceso á formación dos certificados profesionais de niveis 2 e 3. As persoas interesadas contarán co noso apoio para ir traballando as competencias con materiais actualizados para que a experiencia sexa , canto menos, o máis exitosa posible
Para a FSG Vigo, esta matriculación supón un paso clave na mellora da empregabilidade das persoas participantes, xa que superar as probas abre o acceso a itinerarios formativos con certificados profesionais de maior cualificación. Continuaremos informado ás persoas interesadas sobre a publicación das listaxes de admitidos, a data exacta, o recinto e os horarios a medida que a Xunta vaia actualizando a información oficial.