Celebración en Vigo do 8 de abril: unha semana para visibilizar a cultura xitana [editar]
Con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, desenvolveuse unha semana de actividades que incluíron obradoiros creativos, a preparación dun photocall e dinámicas grupais centradas na cultura xitana. A programación culminou o venres 10 de abril cunha xornada en Rivera Atienza, onde se realizou a lectura do manifesto, a Cerimonia do Río e un espazo de convivencia entre as persoas participantes.
Con motivo da conmemoración do 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, desenvolveuse ao longo da semana unha serie de actividades orientadas á participación, á convivencia e á posta en valor da cultura xitana.
Durante os días previos, as mulleres do Calí participaron na elaboración de tote bags personalizadas, creando pezas únicas e cheas de identidade. Ademais, preparouse un photocall moi especial, destacando a figura dunha flamenca decorada con pétalos de flores, que serviu como espazo de encontro e recordo durante a xornada principal.
O venres 10 de abril, en Rivera Atienza, e en colaboración con diversas entidades do ámbito social do Calvario, levouse a cabo unha actividade grupal na que as persoas participantes tiveron como obxectivo completar un puzzle para descubrir o significado da Cerimonia do Río. Tras esta dinámica, procedeuse á lectura do manifesto e á realización simbólica desta cerimonia, nun ambiente de respecto e celebración.
A xornada continuou cun pequeno espazo de convivencia acompañado dunha merenda, así como cunha actividade fotográfica moi especial, xa que se contou cunha cámara de impresión instantánea que permitiu ás persoas participantes levar un recordo físico do día.
Ademais, algunhas das ramas das árbores do espazo incluían un “¿chanelas qué?” con datos curiosos e información relevante sobre a cultura xitana, contribuíndo así á súa difusión e coñecemento.
Por último, queremos expresar o noso agradecemento ás florarías colaboradoras pola súa xenerosidade ao facilitarnos pétalos de flores para a decoración das actividades.


