Aulas de verán na FSG Pontevedra

Aulas de verán na FSG Pontevedra [editar]

Un verán cargado de actividades, experiencias e diversión en Pontevedra

30 de Julio de 2026

FSG Pontevedra

O alumnado dos programas de educación da FSG de Pontevedra, desfrutou dun mes cheo de aventuras, diversión e traballo en equipo nas aulas de verán.

O verán vai avanzando en Pontevedra e con el, as nosas aulas e actividades de verán. Intentamos espremer ao máximo o mes de xullo, e deunos tempo a facer de TODO. 

Arrancamos cunha Xincana dixital pola cidade de Pontevedra, da man do noso educador dixital. O obxectivo era atopar o tesouro escondido do emblemático pirata Benito Soto e, para atopalo, había que seguir as pistas do mapa do tesouro.

Equipados con ganas de aventura e moito traballo en equipo, escollemos a nosa tripulación, metémonos no papel de piratas e seguimos as pistas buscando nos lugares sinalados no mapa, percorrendo a cidade en busca do tesouro escondido... ata que finalmente o atopamos!

Tamén tivemos tempo para desfrutar da natureza. Desprazámonos ata o pazo de Lourizán onde fixemos una busca de algunhas das súas árbores máis emblemáticas e aproveitamos para pasear, respirar aire puro e pasar unha xornada lonxe do bulicio da cidade. 

A segunda semana arrancamos con unha actividade deportiva para ir collendo forzas e enerxía para afrontar unha nova semana de actividades. Nesta ocasión, desprazámonos á praia de Loira, onde os máis pequenos puideron explorar toda a contorna de praia, mentres que os maiores amosáronnos as súas mellores xogadas de voleibol, así como o seu lado máis competitivo.  

Coa enerxía xa ben cargada, e con ganas de seguir aprendendo e descubrindo, fixemos unha saída ata Vigo e alí visitamos o MARCO (Museo de Arte Contemporánea). Fixéronnos unha visita guiada por una exposición que teñen actualmente de Alberto Ardid, e como parte da visita e da actividade, puidemos crear a nosa propia arte envasada!

Sacamos o noso lado máis artístico e creativo e fixemos unhas obras de arte, dignas de exposición.

Como tiñamos ganas de seguir creando e explorando ese lado artístico, fixemos unha xornada de manualidades na nosa sede, e tamén nos deu tempo de desfrutar de xogos tradicionais ao aire libre na praia fluvial do Lérez. 

Finalmente, como non podía faltar e como punto final das aulas de verán, fixemos unha actividade acuática. Desprazámonos á praia de Mogor onde os nosos alumnos enfrontáronse a un enorme parque acuático inchable instalado no mar, onde o equilibrio, a axilidade e as ganas de pasalo ben foron os grandes protagonistas.

Saltos imposibles, carreiras sobre plataformas flotantes, tobogáns xigantes e algún que outro chapuzón inesperado fixeron que a diversión estivese más que asegurada. 

Programa financiado por Fondo Social Europeo Plus, Ministerio de Derechos Sociales, Cosumo y Agenda 2030, Xunta de Galicia e Concello de Pontevedra.

Compartir: